https://sites.google.com/site/informaticarodeira2015/apuntes/gimpprepararunhafotoparaimprimir
- Eleximos a ferramenta de selección rectángulo e facemos un rectángulo calquera sobre a foto.
- Nas opcións de ferramenta, no apartado Tamaño, eleximos cm e poñemos as medidas 30x20 ou 15x10, que son os estándar para a impresión de fotografías.
- Marcamos tamén a opción resaltado e engadimos as guías coa regra dos tercios.
- Despois vai a Imaxe -> Recortar a selección
- Tamén podemos ir a Imaxe -> escalar e por o tamaño que precisemos nesta opción.
- Recorda que a resolución mínima debe ser de 300x300 pixeles para que non perda calidade ao imprimir.
Agora imos mellorar un pouco a luminosidade desta foto para iso:
- Imos a Capas -> Duplicar capa
- Cambiámoslle o nome e pomos "Aclarado"
- Na opción Modo eleximos Pantalla
- Axustamos a luinosidade á cantidade que mellor se vexa.
- Finalmente gardamos a imaxe en formato XCF e logo exportamos a formato JPG ou PNG.
No hay comentarios:
Publicar un comentario